Serie documental

Carmen Veiga

14 min

Carmen Veiga traballou na conserveira, nese paso de conservación e transformación dos produtos da pesca para a súa posterior comercialización. Con ela descubrimos o día a día deste traballo ligado ao mar e a pesca.

Carmen Rúa

11 min

Carmen Rúa viviu o mar traballando o mexilon, no cultivo de batea, involucrandose en todo o proceso. Da súa mán descubrimos cómo era o mundo da batea e do mexilón neses tempos.

Lola Cachela

14 min

Lola viviu os anos da súa vida mirando ao mar, pensando na marea, en ir a mariscar. Ela cóntanos como viviu eses anos.

Mª Carmen Ríos "Mucha"

15 min

Mucha traballou na mara mariscando, na fábrica, na batea… Toda unha vida ligada ao mar. Con ela percorremos aqueles anos a través da súa mirada.

Rosa Pérez

18 min

Rosa foi mariscadora gran parte da súa vida. Con ela percorremos aqueles anos de marisqueo de mareas, moi diferente ao de agora.