O Proxecto

Moaña, un mar de mulleres

É un proxecto de recuperación e documentación do patrimonio inmaterial da zona costeira do municipio de Moaña vencellado ao mar, aos seus oficios e ás mulleres. 

 

Cumpre recoller de xeito documental e audiovisual o testemuño e a memoria das mulleres que viviron ese tempo e traballaron nos oficios do mar; das avoas que aínda viven e que atesoran nas súas lembranzas a realidade dunha época pasada chea de dificultades para unha muller nun mundo, o do mar, moi duro e onde o home era o que tomaba as decisións. Así mesmo é de gran relavancia social contrastar este testemuño coa experiencia actual das mulleres que hoxe traballan no mar en Moaña. Varias xeracións con experiencias moi distintas que conversan sobre o sector, o que foi, o que é hoxe e como o viviron.

Obxectivo

O obxectivo deste proxecto é recoller e documentar o patrimonio inmaterial da realidade do sector pesqueiro para as mulleres na primeira metade do século XX, visibilizar o seu papel na historia, reivindicar á súa importancia e dar a coñecer ás dificultades ás que se enfrontaron e os avances que acadaron. Estes avances acadados no tempo esperase que se fagan patentes dun xeito orgánico grazas ao contraste do pasado co presente, na voz de dúas mulleres de xeracións diferentes en cada capítulo.

Por que una mini-serie documental?

Na actualidade as redes sociais e o aumento nas velocidades de conexión inalámbrica a internet posibilitaron que os recursos audiovisuais sexan os máis utilizados na comunicación en social media e internet, e nos últimos anos estamos a asistir a un aumento progresivo dos contidos en vídeo fronte ás fotografías estáticas, polo mesmo motivo. O formato miniserie documental en concreto é un formato moi recente, relacionado co auxe das series e plataformas da última década. A duración dos capítulos, 15 minutos, converte este formato no máis consumido actualmente polo público xeral, de maneira transversal e sen diferenza en canto a idade, sexo, formación ou intereses. É un formato que se pode ver en calquera dispositivo, móbiles, computador, televisión ou consolas e a súa curta duración faio particularmente atractivo, xa que o público hoxe en día afíxose a gozar estes contidos e a telos á súa disposición onde e cando queira, en calquera circunstancia.